Que é Startup Galicia e
que pode facer pola tua startup

Chegaches ata eiquí porque estás a argallar un proxecto ou xa tés unha startup.

Startup Galicia pode botarte unha man de moitas maneiras. Parte da nosa labor é empurrar os proxectos que parten da nosa comunidade :)


Imos aló!

Que é Startup Galicia?

Startup Galicia é unha comunidade aberta que impulsa proxectos innovadores e cohesiona o ecosistema emprendedor galego.

Consideramos startup a empresa cun modelo de negocio novidoso ou que emprega tecnoloxías innovadoras para ofrecer un servizo diferencial.

Isto tamén inclúe formas sostibles de desenvolver unha actividade que rompan a tendencia habitual, aínda que a tecnoloxía non sexa sempre o factor principal.

Como rexistro a miña startup?

Isto sería o principal:

  • Engade a túa startup ao noso mapa cubrindo este formulario 👉 Mapa de Startups

  • Conéctate coa comunidade no noso espazo virtual 👉 Furancho Slack

  • Participa nos eventos que organizamos en distintas cidades 👉 Os eventos de Startup Galicia

  • Tamén podes contactar connosco para unha entrevista no formato “Startup polo miúdo” e dar a coñecer o teu proxecto.

Como pode axudar Startup Galicia á miña startup?

Se tes unha startup, atoparás apoio e visibilidade a través de moitas formas:

  • O mapa de startups: escaparate onde proxectos galegos aparecen visibles para toda a comunidade 👉 Mapa de startups de Galicia

  • As Office Hours: mentorías personalizadas e de balde con persoas expertas para obter consellos, contactos e orientación 👉 Solicitar mentoría

  • As Startups polo miúdo: entrevistas “á galega” para contar a historia e aprendizaxes da túa startup 👉 Lee o noso blogue

  • Os AMAs (Ask Me Anything): conversas abertas con referentes do ecosistema, onde podes preguntar libremente sobre produto, investimento ou internacionalización.

  • Os Fiadeiros: obradoiros intensivos de formación práctica en temas clave (produto, finanzas, marketing, tecnoloxía...).

  • O Conecta Empresas: sesións de speed dating entre startups e empresas tractoras galegas para xerar colaboracións reais.

  • O Furancho Slack: comunidade virtual onde atopar socias/os, talento, novas do ecosistema e apoio cotián 👉 Entra ao Furancho Slack

Que ofrece Startup Galicia ás persoas?

Se queres formar parte da comunidade, mesmo que non teñas unha startup, tamén podes aproveitar:

  • Os eventos de networking para coñecer xente, como as eSmorGa (encontros informais da comunidade).

  • Os AMAs, Fiadeiros, Conecta Empresas, nosday e As Nosas, abertos a todo tipo de persoas interesadas no ecosistema. Bótalle un ollo 👉 Os eventos de Startup Galicia.

  • Os espazos de coworking gratuítos en cidades como A Coruña ou Santiago de Compostela (en breve tamén en Vigo).

  • Formación para inversión en startups, para iniciarse no investimento en startups 👉 Curso de Business Angels

  • A newsletter quincenal, con novidades, eventos e información práctica do ecosistema 👉 Subscríbete á newsletter

Estou fóra de Galicia, podo ser parte?

Por suposto! 🚀 Startup Galicia está aberta a quen queira participar, estea ou non en Galicia.

  • Podes sumarte ao noso espazo virtual 👉 Furancho Slack e sentirte parte da comunidade dende calquera lugar do mundo.

  • Tamén podes asistir a eventos online e conectar co ecosistema cando veñas de visita.

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal