Que é Startup Galicia?

Nós somos Startup Galicia, unha comunidade de persoas emprendedoras que busca ser o elemento catalizador dos cambios que permitan impulsar o ecosistema galego de startups para que Galicia chegue a ser un polo de emprendemento e innovación de talla mundial.

Nos últimos seis anos, Startup Galicia centrou os seus esforzos en realizar accións que permitiran a conexión das diferentes persoas e entidades que forman parte da comunidade emprendedora galega a través do Furancho, a nosa Newsletter semanal, o mapa de startups e numerosos eventos formativos e de networking.

Dado o crecemento experimentado polo ecosistema galego nos últimos anos e o potencial que existe para labrar e moldear un novo e mellor futuro para o tecido empresarial e laboral galego, cremos que é o momento idóneo para contribuir aos propósitos e estrutura de Startup Galicia, achegando a persoas afíns a nós e ao noso proxecto.

Visión de Startup Galicia

Crear en Galicia unha comunidade aberta e inclusiva liderada por emprendedores, forte, dinámica, conectada e colaborativa para impulsar o emprendemento en Galicia e apoiar aos emprendedores.

Misión de Startup Galicia

A misión de Startup Galicia é CONECTAR aos emprendedores do noso ecosistema entre si e con emprendedores de outros ecosistemas ou que queiran incorporarse ao noso, FORMAR novos emprendedores para que se incorporen ao ecosistema, o potencien e o fagan crecer, e INSPIRAR unha cultura en Galicia que promova e valore o emprendemento e multiplique o potencial laboral da nosa terra.

Que queremos conseguir?

Apoiar aos emprendedores

Ser embaixadores do noso ecosistema en todos os eventos e medios nacionais e internacionais

Conectar startups con outras, con scale ups, con corporacións