Curso Business Angels
de Startup Galicia
Formación presencial, intensiva e moi práctica
Este curso é 100 % presencial porque investir tamén vai de persoas, conversas e, sobre todo, relacións persoais.
Combinamos conceptos teóricos, casos prácticos para traballar en equipos e expertos que contarán as súas experiencias
Que te vas levar con esta formación?
Coñecer o ecosistema startup e as particularidades de este tipo de empresas.
Detectar as oportunidades de inversión.
Ser quen de evaluar os proxectos e dar seguimiento as inversións.
Coñecer todo o proceso de evaluación dun investimento, incluidos os aspectos legais.
Coñecer os diferentes instrumentos de inversión e a súa fiscalidade.
Desinversión.

Prezo do curso de Business Angels
Prezo base
500 €
Sen descontos.
Prezo "early bird" (ata o 28 febreiro )
400 €
Aforras 100 € por inscribirte XA!
Prezo para persoas socias de
Startup Galicia
375 €
Aforras 125 € sendo persoa socia!
Estás interesado/a no curso?
Reserva a túa praza neste formulario
Dúbidas? Escribe a administracion@startup.gal.
Aprende directamente de
quen fai que as cousas pasen
Nesta segunda edición contamos con grandes profesionais para compartir a súa experiencia Santi Domínguez (Fundador de Mestrelab e Sémola Ventures), Tom Hrosey (BIGBAN e Eoniq.fund) , Yolanda Falcón (Directora de Portfolio en Xesgalicia), Jose H. Cánovas Losada CEO (Automated Legal SL), e moitos perfís interesantes máis!

Tom Horsey
(BIGBAN -Eoniq.fund )
Yolanda Falcón
(Xesgalicia)


Santi Domínguez (Mestrelab)
Paulo González Alonso
(Catalyc Ventures)

Antón Vieito
(AV Law)
Co apoio de
Preguntas frecuentes
Que tipo de coñecementos e habilidades adquirirei con este programa?
Aprenderás a definir criterios claros de investimento, realizar análises exhaustivas das oportunidades e contar cunha metodoloxía que permita unha comprensión profunda das estratexias de investimento e dos principios financeiros dentro do ecosistema de startups.
Hai descontos para socios ou por inscrición temperá?
O programa ten un custo de inscrición, pero existen prezos reducidos para persoas socias e tamén descontos por inscrición temperá para quen reserve a súa praza con antelación.
E se xa teño coñecementos no mundo do investimento?
Aínda que partimos desde cero, este programa tamén achega valor a persoas con experiencia previa. A través de casos prácticos, debate e intercambio, poderás contrastar enfoques, ordenar coñecementos e afinar criterio coa visión de investidores con experiencia.
Que tipo de oportunidades de networking podo esperar?
A formación é presencial e participativa, o que facilita o contacto directo con formadores e co resto de participantes. Crearase un espazo de confianza para compartir experiencias, aprender doutros perfís do ecosistema e empezar a construír unha rede de relacións arredor do investimento en startups.
Quen son os docentes encargados de impartir o programa?
O curso está impartido por formadores con longa experiencia como investidores de éxito, profesionais que coñecen o ecosistema desde dentro e que comparten aprendizaxes reais, máis alá da teoría.
Hai algún requisito previo para participar?
Non. Non é necesario ter coñecementos previos nin experiencia en investimento. O programa esta deseñado tanto para aquelas persoas que queiran iniciarse como para as que queiran profundizar o seu coñecemente no mundo do investimento en startups.
Que diferencia a este programa doutras alternativas do mercado?
É unha formación presencial, intensiva e práctica, pioneira en Galicia, baseada en casos reais, intercambio e experiencia directa. Aquí non se buscan fórmulas máxicas nin promesas irreais: búscase criterio, visión a longo prazo e aprendizaxe aplicada.
Estás interesado/a no curso?
Reserva a túa praza neste formulario
Dúbidas? Escribe a administracion@startup.gal.




