Investir para transformar: Galicia busca novos Business Angels
25 de enero de 2026

En Startup Galicia temos unha convicción clara: se queremos un ecosistema emprendedor máis forte, innovador e competitivo, necesitamos máis Business Angels.
Os Business Angels achegan moito máis que capital. A súa importancia vai moito máis alá do investimento económico. Por unha banda, permiten a inxección de capital en etapas temperás, cando outras fontes de financiamento aínda non están dispoñibles. Pero, ademais, contribúen con experiencia e mentorado, acompañando aos equipos fundadores na toma de decisións clave, compartindo coñecemento e evitando erros habituais. O seu networking abre portas a clientes, socios e novos investidores, mentres que o seu impacto se traduce en máis innovación, máis emprego e máis desenvolvemento empresarial no territorio galego.
Con esta visión, en 2025 en Startup Galicia comezamos a traballar nunha idea ambiciosa: crear en Galicia un curso propio, rigoroso e práctico para a formación de novos investidores en startups. Así naceu o Curso de Business Angels, unha iniciativa desenvolvida en colaboración co CIM, o IGAPE e a USC. O obxectivo era —e segue sendo— claro: formar unha masa crítica de Business Angels galegos e galegas como estratexia para fortalecer o noso ecosistema emprendedor.
En maio de 2025 demos o primeiro paso celebrando o primeiro curso de Business Angels en Galicia, cunha participación destacada de alumnado, docentes e persoas convidadas. A experiencia foi moi positiva e o feedback das persoas participantes deixou unha mensaxe común e ilusionante: “Hai que repetilo”.
O que din as persoas participantes
He tenido la oportunidad de participar en el Curso de Inversión Privada en Startups y Business Angels de Startup Galicia (2025) y lo recomiendo totalmente a cualquiera que esté pensando en apuntarse en próximas ediciones. (...)
Una formación que puedo recomendar a tanto a quienes quieren dar sus primeros pasos como Business Angel como para quienes quieren actualizar y reforzar sus fundamentos en inversión privada en startups.
Enhorabuena a Startup Galicia por la iniciativa.
— Boris Mosquera
Destacaría a calidade dos poñentes, tanto desde o punto de vista didáctico, como práctico y de experiencias reais, sen dúbida foi super enriquecedor coñecer casos reais de xente que xa invertiu en este tipo de empresas antes, tanto con resultados positivos como negativos.
Además tamén destacaría que ten un enfoque moi práctico é útil para o día a día, para saber sobre todo en qué fixarse e poner foco nospuntos que debes ter claros antes de invertir.
— Borja Dorado
2ª edición Bussiness Angels: O que vén en 2026
Nesta nova edición do curso 2026, que se celebrará 13 e 14 de marzo no Centro de Investigación Mestrelab en Santiago de Compostela, as persoas participantes achegaranse ao investimento en startups como parte dunha estratexia moderna de xestión patrimonial.
Trataranse cuestións clave como as startups como activo de investimento, a creación de valor a longo prazo, o rol do Business Angel e a definición dunha estratexia persoal (sectores, tickets e obxectivos). Analizaranse tamén as distintas modalidades de investimento —directa, coinversión ou clubs— e o ciclo completo de financiamento das startups, desde o dealflow ata a desinversión.
A formación complétase con casos reais, ferramentas legais habituais (termsheet, pacto de socios, cap table ou notas convertibles), procesos de análise e due diligence, valoración de startups, métricas, modelos de negocio, fiscalidade, Lei de Startups e incentivos fiscais. Todo isto da man dun cadro docente formado por Business Angels, fondos de investimento e avogados especializados, profesionais de referencia no ecosistema galego.
👉 Aquí atoparás máis información sobre esta nova edición. Unha oportunidade para investir, aprender e transformar o ecosistema galego desde dentro.

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia


