Volven os Xoves Tech no Hi Coruña!
Nesta ocasión, José Manuel Maseda compartirá a súa experiencia na definición e comercialización de proxectos tecnolóxicos, tanto en contornas nacionais como internacionais, así como a súa visión froito do seu papel como cofundador e Director Comercial de Wapping, plataforma CDP e de Loyalty omnicanle para o retail.
A partir da súa traxectoria, abordará como se xestiona e desenvolve a actividade comercial nunha empresa tecnolóxica, que implica impulsar solucións innovadoras e como habilidades como a consultoría de negocio, a negociación de acordos e a xestión de equipos comerciais e de posvenda son clave para o crecemento dunha compañía.
Tamén explicará como a súa paixón pola innovación guía a creación de solucións deseñadas para axudar ás empresas a mellorar a súa competitividade.
Onde: A Coruña, Hi
Data: 22/01/2026
Cando: 18:00



