
Nesta charla, José falaranos da "odisea de fundar oSIGris", unha empresa agrotech especializada en impulsar a dixitalización do sector agrícola mediante solucións que facilien a xestión do caderno de campo, os tratamentos fitosanitarios e o cumprimento da normativa agraria. oSIGris traballa para axudar a agricultores, técnicos e empresas do sector para aforrar tempo, reducir erros e mellorar a rastrexabilidade e o control da información no seu día a día.
📅 Xoves 28 de maio, 18:00 horas
👉 José Senande, Fundador de oSIGris
📍 Hi Coruña
José Senande, CEO de oSIGris, graduado en Geomática e Topografía e cun máster en loxística. Cunha visión orientada á innovación e á mellora de procesos, lidera o desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas pensadas para dar resposta ás necesidades reais do sector agrícola e acelerar a súa transformación dixital.


