Xornada de portas abertas: Transformación dixital e xestión innovadora de bioprocesos
June 16, 2024
Evento Híbrido (Presencial e Streaming) na Sede ITG – Cantón Grande, 9, Planta 1, 15003 A Coruña, A Coruña
A Oficina ITG Accelera Pyme celebra nas súas instalacións a primeira xornada de portas abertas que consta de dous obradoiros moi interesantes.
Inscrición gratuíta aquí
Obradoiro 1: Transformación dixital sen técnicos: como os datos, o IoT e a intelixencia artificial reforzan a cadea de valor do teu negocio – 10:00h.
Nesta presentación aprenderás como o tratamento, xestión e análise de datos con dispositivos IoT e técnicas de IA poden converterse en activos valiosos para impulsar o crecemento da túa empresa. Descubrirás como transformar os teus datos en coñecemento, mellorando a súa calidade e facilitando a súa análise e comprensión para tomar decisións máis eficaces sobre a túa empresa.
Cadea de valor
Produtividade
Estratexia de transformación dixital baseada en datos, IoT e IA
Casos de éxito
Coffee Networking: Entre ambos obradoiros gozarás dun agradable café para establecer sinerxías co resto dos asistentes. - 10:45 h.
Obradoiro 2: Xestión innovadora de bioprocesos de produción baseados en datos: experiencia e oportunidades do proxecto europeo BIOMAT – 11:15h.
Nesta charla explorarase como se aplican novas ferramentas de optimización, simulación e control de bioprocesos innovadores na produción de empresas industriais, do moble ou da automoción. Grazas á experiencia e avances de BIOMAT, descubrirás como a innovación e o desenvolvemento de xemelgos dixitais na xestión de bioprocesos de fabricación permiten a produción de bens máis sostibles.
Green Deal: oportunidades para avanzar cara a materiais non dependentes do petróleo
Bioprocesos: Novos Produtos e Economía Circular
Retos dos bioprocesos
Caso práctico. Xemelgos dixitais baseados na solución BIOMAT-DTP
Peche da Xornada – 12:00h.
A inscrición é válida para os dous obradoiros. Animámosvos a asistir a ambos.