Un contido para dominalas todas (as plataformas)

Apúntate

Dende o equipo de WordPress Vigo convidámoste a unha nova edición do noso Meetup.

Acompáñanos a esta charla fascinante na que contaremos con Leo Menéndez .

Canto tempo pensas que deberías dedicar á creación de contidos?
E cantas horas dedicas realmente?
Hoxe non abonda con estar nunha soa plataforma. Nin con elixir un só formato.
Audio, vídeo, texto... Reels, curtas, clips... Newsletter, Linkedin, YouTube.
Nin sequera ChatGPT podería estar á altura destas necesidades.
Pero nós si.

Vou compartir contigo o meu proceso caótico e desaconsejado para crear o contido de todo o mes dunha soa vez . Así, tal e como o estás lendo.
Así podes sentarte cunha folla de papel en branco diante e marchar. Todo creado. Pum, pum pam!

Grazas a este método conseguín ter presenza en (case) todas as redes sociais e crear contidos tanto en formato escrito como de audio e vídeo.

Se buscas potenciar o teu proxecto, emprendemento ou marca persoal cunha estratexia de contidos para persoas improdutivas coma ti e como eu, esta é a túa charla.

Comparte este artigo

Detalles

Data:

7/11/2024

Hora:

7:00 pm

-

9:00 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

https://www.meetup.com/vigo-wordpress-meetup/events/301977050/

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.