
OPEN4CoLAB é unha xornada orientada a conectar o ecosistema emprendedor e innovador Galicia–Norte de Portugal e xerar conversacións reais ao redor do financiamento, o crecemento e o desenvolvemento de proxectos disruptores. Startup Galicia colabora nesta gran cita que organiza a UVigo, e na que participará o ecosistema galego e do norte de Portugal.
O evento combinará mesas redondas, conversacións abertas, sesións de pitching e espazos de networking nun formato dinámico e próximo, reunindo startups, investidores, entidades de apoio e outros axentes crave do ecosistema. Como acadar financiamento ao comezo?, como chegar a roldas millonarias?, como é a relación inversor-investido?, que é o venture building? Teremos a resposta desta preguntas, da man dos protagonistas.
OPEN4CoLAB organízase no marco de OPENLABS, un proxecto europeo financiado polo programa Interreg POCTEP orientado a impulsar a innovación e a colaboración entre startups, pemes, universidades, centros tecnolóxicos e outros axentes do ecosistema Galicia–Norte de Portugal.
Cando será: o 2 de xullo, de 9 a 15:30h
Onde: Sede AFundación, Vigo
O rexistro é gratuíto, pero as prazas son limitadas. Apúntate xa!


