OPEN4CoLAB: conectando o ecosistema emprendedor e innovador Galicia–Norte de Portugal

OPEN4CoLAB é unha xornada orientada a conectar o ecosistema emprendedor e innovador Galicia–Norte de Portugal e xerar conversacións reais ao redor do financiamento, o crecemento e o desenvolvemento de proxectos disruptores. Startup Galicia colabora nesta gran cita que organiza a UVigo, e na que participará o ecosistema galego e do norte de Portugal.

O evento combinará mesas redondas, conversacións abertas, sesións de pitching e espazos de networking nun formato dinámico e próximo, reunindo startups, investidores, entidades de apoio e outros axentes crave do ecosistema. Como acadar financiamento ao comezo?, como chegar a roldas millonarias?, como é a relación inversor-investido?, que é o venture building? Teremos a resposta desta preguntas, da man dos protagonistas.

OPEN4CoLAB organízase no marco de OPENLABS, un proxecto europeo financiado polo programa Interreg POCTEP orientado a impulsar a innovación e a colaboración entre startups, pemes, universidades, centros tecnolóxicos e outros axentes do ecosistema Galicia–Norte de Portugal.

Cando será: o 2 de xullo, de 9 a 15:30h

Onde: Sede AFundación, Vigo

O rexistro é gratuíto, pero as prazas son limitadas. Apúntate xa!

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal