O 25 demaio volve Nosday, un dos eventos máis esperados pola comunidade emprendedora de Galicia. O acto terá lugar no Hotel Monumento San Francisco, localizado en Campillo de Costa de San Francisco, 3, 15705 Santiago de Compostela, a partir das 15.30 horas. Reunirá a algúns dos emprendedores máis coñecidos do panorama galego e nacional. Ademais, conta co apoio de empresas e institucións como a Xunta, Raiola Networks, Viko entre outros.
A filosofía de nosday, é facer crecer a comunidade emprendedora en Galicia e crear vínculos entre participantes e relatores . O punto diferencial do nosday son as conexións que se crean entre os participantes e os relatores. De aí o interese por crear varios espazos de networking nos que poder interactuar con fluidez.
Nesta ocasión, o cartel está composto por persoas comoMiguel Carranza (RevenueCat), Joaquín Cuenca (Freepik), Gustavo Medina (XReality Factory), Montse Labiaga...
As presentacións centraranse no emprendemento, a tecnoloxía e a intelixencia artificial. A conceptualización do produto, a busca de investidores ou o futuro da investigación galega son algúns dos puntos que se tratarán. A asistencia inclúe unha pausa café e intercambio de opinións. Tamén existe a posibilidade de asistir a unha cea despois do evento.
Detalles
Data:
May 25, 2024
Hora:
3:30 pm
-
9:00 pm
Suscríbete as novidades de Startup Galicia
Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.
Novas recentes en Startup Galicia
¿Queres saber o que está a pasar?