Dende o equipo de WordPress Vigo convidámoste a unha nova edición do noso Meetup, preludio do WordCamp Vigo 2024. Acompáñanos a esta charla fascinante na que contaremos con Iago Conde.
Veremos como a empresa integra prácticas artesanais con estratexias de venda modernas para crear unha experiencia única para o cliente.
Todos son benvidos independentemente do teu nivel de WordPress ou da túa relación co mundo da web. Ao remate do evento teremos a oportunidade de facer redes, charlar e tomar algo.
Orador: Iago Conde Longo
Aínda que a miña traxectoria profesional podía considerarse un tanto atípica, algo que sempre tiven claro foi que o meu lugar estaba na empresa e, concretamente, naqueles departamentos xunto ao cliente.
Con esta premisa centrei o meu futuro cara á mercadotecnia, cursando un FP de Grao Superior en Comercio e Mercadotecnia no ano 2009, o que me permitiu reafirmar que, efectivamente, aí estaba a miña vocación.