Liga Maker Drone 2024

Apúntate

O xoves 16 de maio convidámosvos á gran final do noso League Maker Drone no Coliseum da Coruña, con 18 equipos que deberán poñer en práctica as solucións deseñadas para neutralizar niños de velutina situados en tres árbores simuladas de 10 metros de altura.


Data: 16 de maio no h#Coliseum da Coruña.
Hora: A partir das 10:30 horas (semifinais 13:00 horas e gran final 13:30 horas)
Acceso gratuíto ao público durante todo o evento


Unha xornada expositiva que ten como finalidade promover as vocacións científicas e tecnolóxicas en mozos e mozas de 13-14 anos de 2o de ESO de Galicia E facémolo ao grande!
• 18 equipos. 18 drons. 180 competidores.
• 1.300 espectadores confirmados nas bancadas. 25 autobuses de toda Galicia.
• Velutina aniña en 3 árbores simuladas de 10 metros de alto e 5 metros de ancho.
• En cada eliminatoria de 90 segundos, gaña o que neutralice máis niños introducindo unha esfera de 45 gramos e 4 cm de diámetro no maior número posible de niños.
• Xurado formado por entidades como BOEING, AIRBUS, INECO ou SENASA
• Entrada gratuíta sen límite de aforo.


Unha iniciativa pioneira en España promovida polo centro tecnolóxico ITG e a Fundación Barrié. Facémolo facilitando, durante todo o curso académico e de xeito gratuíto, a formación e o material necesario para afrontar o reto de deseñar, programar e voar unha solución capaz de resolver o reto plantexado. Todo isto no menor tempo posible e co maior grao de eficiencia.

Comparte este artigo

Detalles

Data:

5/16/2024

Hora:

10:30 am

-

1:30 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

https://ligamakerdrone.com/

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.