Formación para cadros directivos de cooperativas

Apúntate

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Formación para cadros directivos de cooperativas" no marco da Rede Eusumo.

Horas: 25

Modalidade: en liña

Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop

Obxectivos:

Identificar os requisitos e as condicións necesarias para a xestión do modelo cooperativo.
Contribuír a poñer en valor as achegas sociais e económicas das cooperativas.
Dar a coñecer recursos e ferramentas útiles para as persoas socias e os equipos técnicos das cooperativas.
Potenciar a creación de redes de intercambio e colaboración entre as persoas socias con responsabilidades xerenciais das cooperativas participantes.
Persoas destinatarias:

Persoas socias e asalariadas das cooperativas que teñan funcións e/ou responsabilidades de dirección ou que estean interesadas en desenvolver as súas capacidades para asumilas.

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop

Comparte este artigo

Detalles

Data:

6/10/2024

Hora:

10:00 am

-

8:00 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

https://www.eusumo.gal/formacion-para-cadros-directivos-de-cooperativas

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.