A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) organizan a xornada formativa "Fomento da contratación reservada na Xunta de Galicia en sectores específicos" no marco da Rede Eusumo.
Lugar: Auditorio 2 do Edificio Cinc na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Obxectivo:
Potenciar a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible mediante a implementación de contratos reservados na administración autonómica que impulsen o emprego entre as persoas con discapacidade e aquelas en risco de exclusión.
Persoas destinatarias:
Persoal técnico de contratación e representantes políticos da administración autonómica
Representantes de empresas e entidades de economía social
Medios de comunicación
Público en xeral.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web aeiga.org ou cegasal.com