Fiadeiro: Enxeñería axéntica seria. Convertendo tokens en valor

O 10 de xuño celebraremos o fiadeiro "Enxeñería axéntica seria. Convertendo tokens en valor" con Alejandro Vidal de Mindmakers.

O código cada vez vale menos. A enxeñería cada vez máis. Cloudflare portou Next.js nunha semana. Un enxeñeiro. Con axentes. Bun migrou a Rust nunha semana. E así moitos máis exemplos.

A pregunta xa non é se usar IA para programar, senón como organizar equipos e procesos cando o recurso escaso non é o código senón a túa atención. Nesta charla veremos os principios que gobernan a enxeñería axéntica en proxectos reais: como deseñar bucles de feedback que manteñan aos axentes aliñados, técnicas concretas como o hawk agents, RLM ou o patrón Scratchpad, e como paralelizar exploracións.

Nada de demos de xoguete. Casos reais, arquitectura real, e o que aprendes cando pos axentes a producir código durante horas sen supervisión.

Adicaremos unha parte da charla para falar como cambian os equipos e a xestión do backlog grazas (ou por culpa de) os axentes.

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal