
Vendes produtos SaaS e queres levar a túa comercialización ao seguinte nivel? Este fiadeiro é para ti!
Vender un produto SaaS B2B require estratexia e planificación: Como chegar aos clientes axeitados? Como comunicar o valor do teu produto? E como converter oportunidades en vendas reais?
Dende Startup Galicia traémosche unha formación práctica para coñecer as técnicas e claves que che axudarán a impulsar as vendas B2B e mellorar os resultados do teu proxecto.
E para compartir todo ese coñecemento, contamos con Javi Vázquez, que nos acompañará nesta sesión para poñer o foco no que importa: vender máis e mellor.
Porque unha boa solución tecnolóxica está moi ben, pero se non sabes vendela… temos traballo por facer!
Sobre o docente:
Javi Vázquez é un profesional especializado en vendas B2B para empresas tecnolóxicas e produtos SaaS. Actualmente é Head of Sales en Trackingplan, onde axuda a empresas a identificar as necesidades dos seus clientes, comunicar o valor da súa solución e avanzar nos procesos de venda, especialmente en contornas complexas. Conta con máis de 20 anos de experiencia en empresas como Tinybird.co ou Docuten e Igalia.


