Volvemos da pausa do verán... con eSmorGa SG!
O próximo 4 de setembro regresamos con forza a Vigo para celebrar unha nova edición da eSmorGa SG, o noso afterwork informal e itinerante pensado para xuntar á comunidade emprendedora galega.
Non podemos revelar aínda o lugar (🕵️♂️ sorpresa!), pero si podemos dicirche que será o sitio perfecto para reencontrarte con caras coñecidas e descubrir outras novas. Un espazo para conectar, compartir proxectos e ideas, ou simplemente gozar dunha boa conversa despois do verán.
💬 Cañas, risas e comunidade. Que máis se pode pedir?
🎟️ A entrada terá un prezo simbólico de 5 € e contaremos con un par de consumicións incluidas no evento 😉
Apúntaste?
Vente de eSmorGa con Startup Galicia!