A eSmorGa SG nace como unha oportunidade de afterwork diferente, na que poder coñecer a persoas con distintos perfís do ecosistema de emprendemento innovador galego. A misión destes encontros é fomentar o networking entre os membros do ecosistema para dinamizalo e cohesionalo. A idea é quedar nunha cidade galega distinta para cada edición.
Nesta edición decidimos xuntarnos o venres 29 de setembro ás 18:30h en El Cafetín de Pontevedra, para tomar unhas cañas, ou o refrixerio que mais vos guste, no marco do Pont Up Store.
O custo será de 5 € por entrada, a fin de evitar ausencias de última hora e así xuntar ao maior número de xente posible (aparte invitamos a un par de consumicións! ). Apuntate aqui.
Apetéceche tomar algo?
Vente de eSmorGa con Startup Galicia e Pont Up Store!