A eSmorGa SG nace como unha oportunidade de afterwork diferente, na que poder coñecer a persoas con distintos perfís do ecosistema de emprendemento innovador galego. A misión destes encontros é fomentar o networking entre os membros do ecosistema para dinamizalo e cohesionalo.
Nesta edición decidimos xuntarnos o martes 24 de outubro ás 20:30h na cafetería de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, para tomar unhas cañas, ou o refrixerio que mais vos guste. O custo será de 5 € por entrada, a fin de evitar ausencias de última hora e así xuntar ao maior número de xente posible (aparte invitamos a un par de consumicións!) Vente de eSmorGa con Startup Galicia!