
O segundo xoves dos meses con R voltamos a botar as nasas. Así que en abril vémonos de novo este xoves 9, ás 18h, a ver que apañamos.
Nesta nova edición contamos con Laura Fernández, cofundadora e CEO de Humara, unha startup que traballa na intersección entre tecnoloxía e economía circular.
Poderás preguntarlle o que queiras, pero sobre todo vén a compartir a súa experiencia liderando unha startup nun sector clave para o futuro: como construír, escalar e tomar decisións nun modelo que busca facer as cousas doutra maneira.
Pero As Nasas é moito máis. É a oportunidade de xuntar cada pouco a todo o ecosistema emprendedor do sur de Galicia. De abrir a porta á comunidade universitaria. E de tomar unhas mirindas todos xuntos. Para conectar e inspirar.
Deixaste atrapar? Nova largada:
🗓 Data: 9 de abril (garda o evento no teu calendario)
⏰ Hora: 18:00–20:00 aprox.
📍 Lugar: Edificio Redeiras (Vigo)
E ollo: abril é o último mes con R ata despois do verán.
Quen non bota as nasas… non colle marisco. 🐚


