
E mes con R e voltamos a botar as nasas! Así que este novembro vémonos de novo, o mércores 18, ás 18h, a ver que apañamos, no edificio Redeiras da UVigo.
Nesta nova edición contamos con Jacobo Vidal, Alumni do Y-Combinator'21 e cofundador de Arengu, unha startup que foi adquirida pola tecnolóxica americana Okta por máis de 10M€. Actualmente é Director of Product Management de Auth0 / Okta.
Poderás preguntarlle o que queiras, pero sobre todo vén a compartir a súa experiencia liderando unha startup nun sector clave para o futuro: como construír, escalar e tomar decisións nun modelo que busca facer as cousas doutra maneira.
Pero As Nasas é moito máis. É a oportunidade de xuntar cada pouco a todo o ecosistema emprendedor do sur de Galicia. De abrir a porta á comunidade universitaria. E de tomar unhas mirindas todos xuntos. Para conectar e inspirar.
Deixaste atrapar?
Quen non bota as nasas… non colle marisco. 🐚


