Aventura Plástica

Apúntate

Aventura Plástica é un proxecto de sensibilización ambiental especializado en residuos plásticos.

Nesta charla de sensibilización ambiental exponse a problemática dos residuos plásticos, como afecta isto ao noso planeta e a nosa saúde... ademais de ensinar as propiedades dos plásticos e as súas aplicacións e explicación do proceso de reciclaxe.

Estrutura da actividade

• Introdución, presentación de Aventura Plástica, breve explicación do proceso de reciclaxe.
• O plástico como material, cantidade de plástico que xeramos/consumimos, tempo de uso vs. tempo de degradación, residuos e sistemas de xestión, degradación do plástico, microplásticos e o seu impacto na nosa saúde e no medio ambiente.
• Posibles solucións: Reducir, Reutilizar, Reciclar.
• Tipos de reciclaxe: Primario, Secundario e Terciario.
• Tipos de plásticos: móstrase unha a unha as 7 categorías principais de plásticos e explícanse as súas propiedades, aplicacións, diferenzas, beneficios e riscos.
• Proceso de reciclaxe: explicación detallada de como é todo o proceso desde a recollida, limpeza, selección e separación por tipos, transformación de pellet a obxecto e diferenzas entre os distintos procesos; inxección vs. compresión.

Esta charla terá lugar o vindeiro sábado 6 de xullo entre as 11:30 e as 12:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.

Comparte este artigo

Detalles

Data:

7/6/2024

Hora:

11:30 am

-

12:30 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

https://www.meetup.com/aindustriosa/events/301906740/

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.