As nasas: de spin-off a adquisición global: la historia de Alice Biometrics

Mar 12, 2026


as nasas de Startup Galicia traen a Esteban Vázquez, co-fundador e CTO de Alice Biometrics, spin-off de Gradiant vendida a Mercadolibre

O segundo xoves dos meses con R voltamos a botar as nasas. Así que en maRzo vémonos novamente este vindeiro xoves 12, ás 18h a ver que apañamos.


Nesta segunda edición contamos con Esteban Vázquez, alumni da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, co-fundador e CTO de Alice Biometrics, spin-off baseada en ciencia do centro tecnolóxico Gradiant que foi recentemente adquirida por Mercadolibre, o marketplace por excelencia de Latinoamérica.

Poderás preguntar o que queiras a Esteban, que responderá ata onde poida da operación, pero que sobre todo ven a contarnos un pouco como foi a súa experiencia pasando de investigador senior de tecnoloxías biométricas nun centro tecnolóxico a liderar o desenvolvemento dunha scaleup que conseguiu vender tecnoloxía de identificación a a algún dos bancos máis grandes do mundo.

Pero as nasas é moito máis. É a oportunidade de xuntar cada pouco a todo o ecosistema emprendedor do sur de Galicia. De invitar á comunidade universitaria de sumarse. E de tomar unhas Mirindas todos xuntos. Para conectar e inspirar.

Deixaste atrapar? Segunda largada:

🗓 Data:12 de marzo (descarga o evento para o teu calendario)
Hora: 18:00-20:00 aprox.
📍 Lugar: Edificio Redeiras (Vigo)

Quen non bota as nasas… non colle marisco

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal