As boas e malas prácticas da responsabilidade social empresarial e as responsabilidades da empresa
June 16, 2024
Evento con Juan Carlos Aladro Conselleiro Superior Do Consello De Contas De Galicia.
Licenciado en Dereito pola Universidade de León e diplomado en Criminoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e fiscal de carreira dende 1988.
Foi fiscal xefe provincial de Pontevedra de novembro de 2007 a 2023. Anteriormente exerceu como fiscal en Vigo e Cambados, e como avogado fiscal na Audiencia Provincial de Pontevedra .
Tamén foi profesor na Escola de Práctica Xurídica Concepción Arenal do Colexio de Avogados de Vigo, na Escola Galega de Seguridade e director da Escola de Verán da Fiscalía de Mariñán.
Autor de múltiples publicacións e presentacións, posúe a Cruz Distinguida de 1º de San Raimundo de Peñafort, a Cruz ao Mérito Policial con distintivo branco e a Cruz ao Mérito da Garda Civi .