
Seguimos cos nosos encontros tech en colaboración con HiCoruña na Coruña! Desta volta falaremos das operacións especiais á innovación tecnolóxica da man de Rubén Gil e VIG-SEC DRONE e Suite ACRE.
Como se transforma unha necesidade real sobre o terreo nunha solución tecnolóxica? Nesta charla descubriremos a historia de VIG-SEC DRONE e Suite ACRE, unha plataforma deseñada para mellorar a xestión do espazo aéreo, a planificación de misións e a coordinación de recursos, da man do seu fundador e CEO, quen compartirá a súa traxectoria desde as operacións especiais do Exército de Terra ata o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas aplicadas a contornas militases e civís.
Ao longo da sesión, exploraremos como a experiencia sobre o terreo pode transformarse en innovación, que papel desempeñan a formación e o desenvolvemento tecnolóxico neste proceso e como estas solucións poden aplicarse tamén a ámbitos como as emerxencias, a seguridade e a protección de infraestruturas.
SOBRE O RELATOR
Rubén Gil Fontán, Fundador e CEO de VIG-SEC DRONE, conta con máis de dez anos de experiencia no Mando de Operacións Especiais do Exército de Terra, con despregamentos en Afganistán e Mali. A súa traxectoria conecta a experiencia operativa coa formación e o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas propias, impulsando Suite ACRE como ferramenta para mellorar a coordinación e a toma de decisións.
Unha oportunidade para coñecer de primeira man como a experiencia operativa convértese en innovación e descubrir o futuro das operacións con drons.


