
Qué é XovesTech?
“Xoves Tech” é un ciclo de encontros mensuais que se celebran o último xoves de cada mes no marco dunha alianza entre Statup Galicia o HI Coruña para dinamizar o ecosistema que ten base en A Coruña.Este evento mensual axuda a xerar máis rede xa que todo o noso ecosistema coñece de antemán que todos os meses ten un punto de encontro en Coruña onde, a través de unha sesión tipo “Ask Me Anything” teñen a oportunidade de coñecer perfis, talento e historias de emprendemento inspiradoras.
O seu obxectivo é crear un espazo no que se combina unha charla ou presentación sobre un proxecto innovador, unha startup ou unha persoa referente no ecosistema tecnolóxico, nun ambiente relaxado e próximo. A xornada complétase cun tempo de networking acompañado dunhas consumicións, que ofrece un ambiente relaxado no que compartir ideas, facer contactos profesionais e fortalecer os lazos dentro da comunidade tecnolóxica e emprendedora.
De maneira excepcional, e pola cercanía coa festividade do Primeiro de Maio, neste ocasión o evento terá lugar o último mércores do mes en vez de o xoves.
📅 Mércores 29 de abril, 18:00 horas (garda o evento no teu calendario)
👉 Santi Domínguez, Presidente de SciY , CEO de Mestrelab Research
📍 Hi Coruña
Para quen? “Xoves Tech” vai dirixido a emprendedores, profesionais do sector tecnolóxico, estudantes e persoas interesadas na innovación


