Startups polo miúdo: Cargoffer o SaaS loxístico e o calculador de roteiros de mercancía pesada que vén para optimizar cada ruta
29 de mayo de 2026

“Startups polo miúdo” é unha fiestra próxima e curiosa ao talento galego, un espazo no que nos achegamos con calma aos proxectos tecnolóxicos nacidos na nosa terra. Observámolos con atención e agarimo, poñendo o foco no máis valioso do noso ecosistema: as persoas que, con paixón e intelixencia, dan forma ás súas ideas.
Agora imos a escoitar as verbas de Jorge Parada de CTO de Cargoffer. Vai desgranar como están a impulsar o seu SaaS loxístico e o seu novo calculador de roteiros axeitados para camións de mercancía.
1. E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]
[Cargoffer]: Somos un SaaS loxístico para transporte terrestre; pivotando en Calculador de Roteiros/custos/tempos específico para vehículos voluminosos/pesados.
2. E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]
[Cargoffer]: Ricardo Soares (CEO) coñecía a Alex Garcia (CMO); e Alex e Jorge Parada (CTO) están no grupo de MENSA España, onde Jorge compartío un proxecto previo do que foi parte importante no MVP (TAS-APP; con máis de 150K usuarios), e fixeron un match perfecto entre a experiencia técnica, a operativa do problema do transporte; e o deseño de produto de Alex, complementándose para atopar as mellores solucións aos problemas.
Ricardo Soares está fincado en Vigo, aínda que é de Orixe Sudafricado; o que lle leva a viaxar cada certo tempo. Jorge Parada está fincado en Ribeira, o que lle permite está a apenas 1h de coche de: Vigo, Santiago, Coruña; para cando é requirido viaxar. Alex Garcia está fincado en Madrid.
Resultado? Todos teletraballamos, e desprazámonos cando podemos e onde faga falta; unha reunión presencial, un evento, unha feira, etc.
3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]
[Cargoffer]: As voltas en baleiro dos camiones; aínda que pareza mentira, supoñen o 38% das viaxes dos camiones na estrada.
4. Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]
[Cargoffer]: Fixemos varias ferramentas e servizos para o transporte terrestre: Bolsa de Carga, eCMR, TMS; pero, estamos a enfocar os esforzos en TRANSCEND: un calculador de roteiros/custos/tempos especializado en transporte, para evitar as estradas nas que os vehículos; por dimensións, peso ou tipoloxía de mercancía, non debería circular; calculando os tempos reais de condución, descanso; e mesturado cun bigData de información para ter que hai preto de onde deben descansar, podendo planificar todos os detalles de cada roteiro. E ademais; predicir potenciais accidentes, atascos ou cortes nas vías; dando alternativas. Todo con tecnoloxía 100% propia; o que nos permite poder incluír as capas de información que necesitemos nos cálculos, variar os parámetros ou axustar as necesidades.
5. Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]
[Cargoffer]: Desde o comezo, todo foi Bootstraping, pero estamos a buscar financiamento para poder darlle pulo ás 2 vías que temos diante; unha para Europa, outra para Africa:
Europa; saímos do prototipo de TRANSCEND e agora queremos ampliar a maquinaria de vendas, servidores e melloras sobre o sistema actual para poder ampliar o territorio a toda Europa.
Africa; a parte que xa desenvolvemos de TMS Sinxelo + Bolsa de Carga, queremos levantantala en Angola (e países da contorna) como AngoTrucks; mantendo a IP na matriz Cargoffer. Onde xa temos empresas interesadas e potenciais colaboradores.
6. Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]
[Cargoffer]: Temos 3 liñas vermellas: non mentir, non ocultar, colaborar.
Non Mentir: se dicimos algo, ten que cumprirse, senón; non o dicimos. Xa sexa nas condicións, as comisións, ou os servizos.
Nin Ocultar: non ocultamos comisións ou información, é máis doado non mentir que andar ocultando información que pode axudar. Así como non ocultamos comisións ou custos aos clientes.
Colaborar: "Onde outros ven competencia, Vemos Aliados" é unha frase que usamos moito; por que se, facemos moitos servizos que outros tamén teñen; pero hai outros que non, podemos colaborar onde non somos competencia.
7. Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]
[Cargoffer]: Un sería pouco, pero se que podo dar unha pequena lista:
Agueda Ubeira - Vannetta Food
Jesus Alonso Gallo - MultiEmprendedor
Manuel Ferreira - AdCities
8. A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]
[Cargoffer]: Un acompañamento desde o comezo dunha empresa. Cando un neno nace, aos pais dáselles un maletín co calendario de vacinas, medicamentos, papeladas, teléfonos de consulta, folletos informativos dos pasos para seguir; cando unha empresa nace, non hai ese acompañamento, e vanse descubrindo os mecanismos e as ferramentas sobre a marcha; ás veces tarde, ás veces sen información. Estaría ben telo.
Moitas grazas a Jorge por falarnos do seu proxecto.
Seguimos abrindo espazo para dar a coñecer historias reais de emprendemento feito en Galicia. Tes algo entre mans e queres contárnolo? Escríbenos a info@startup.gal — estamos desexando escoitarte.

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia


