Startups polo miudo: DIVERSA

24 de noviembre de 2025

“Startups polo miúdo” é unha mirada atenta e cercana ao talento galego, un espazo onde descubrimos con calma proxectos tecnolóxicos creados aquí, na casa. Faino con coidado e interese, resaltando o máis valioso do noso ecosistema: as persoas que poñen corazón e cabeza en construír algo seu.

Nesta volta falamos con Maria de la Fuente, CEO e Directora Científica de Diversa, empresa dedicada ao desenvolvemento de nanomedicamentos e terapias avanzadas mediante a tecnoloxía propietaria, transformando moléculas prometedoras en terapias viables e contribuíndo a dar resposta a necesidades médicas non cubertas


1.     E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[DIVERSA]: DIVERSA desenvolve medicamentos innovadores baseados en nanotecnoloxía, aportando solucións a enfermidades que a día de hoxe non contan cunha terapia eficaz.


2.     E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]

[DIVERSA]: Somos unha spin-off que xurde do ámbito sanitario, en concreto do Grupo de Nano-Oncoloxía e Terapéutica Traslacional do SERGAS, IDIS. A empresa foi fundada por María de la Fuente e Abi Vázquez, actualmente CEO/CSO e COO de DIVERSA, xunto co apoio de FIDIS e do SERGAS, impulsando así a transferencia de coñecemento desde o sistema sanitario á sociedade.

Estamos incubados nas instalacións do IDIS, no Hospital Clínico Universitario de Santiago, o que fai que que a influencia do sistema sanitario e as necesidades reais dos doentes sigan moi presentes no noso día a día. Ademáis, esta proximidade permítenos estar en contacto directo co ecosistema de investigación e innovación de Galicia, favorecendo a colaboración e a innovación constante da nosa tecnoloxía.


3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[DIVERSA]: Dada a nosa traxectoria como persoal investigador sanitario, e a nosa presencia en foros e congresos de investigación: constatamos dúas realidades claras: por unha banda, o enorme potencial da nosa technoloxía para crear nanomedicamentos más eficaces, e por outra, a necesidades urente da comunidade médica de contar con terapias mellor dirixidas e personalizadas, especialmente en áreas de gran complexidades como determinados tipos de cancro.

Desde aí naceu DIVERSA: dar resposta a unha demanda crecente da medicina moderna, achegando solucións terapéuticas que realmente melloren a vida das persoas.


4.     Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[DIVERSA]: O noso principal obxectivo é levar nanoterapias innovadoras á clínica, avanzando no desenvolvemento do noso primeiro produto e consolidando unha liña propia de medicamentos de nova xeración.

Ao mesmo tempo, poñemos a nosa tecnoloxía ao servizo doutras empresas que comparten a nosa visión, para que poidan utilizala no desenvolvemento dos seus propios tratamentos, acelerando así a chegada de novas terapias ao mercado.

E, finalmente, queremos romper a barreira que impide que moitos descubrimentos queden atrapados nas fases iniciais da investigación, facilitando o accceso á nosa tecnoloxía ao ámbito acedémico mediante formulación empaquetadas en formato de reactivo de laboratorio listos para usar, que permiten validar ideas de forma rápida e avanzar máis lonxe no proceso de descubrimento de fármacos.


5.     Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]

[DIVERSA]: Fixemos una primeira rolda de investimento no 2024, que nos permitiu consolidar o modelo de negocio de DIVERSA, fortaleces o equipo e avanar cara á sustentabilidade. Grazas a esta inxección de capital, estamos a desenvolver o noso primeiro nanomedicamento e a expandir o uso da nosa tecnoloxía a terceiros.

O desenvolvemento de fármacos (e polo tanto de nanomedicamentos), é un proceso moi costoso, polo que prevemos abrir unha nova rolda de investimento a finais de 2026, enfocada en seguir avanzando cara á clínica co noso primeriro candidato.



6.   Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]

[DIVERSA]: O nosos valores parten dunha convicción clara: promover a xustiza, a equidade e a igualdade de oportunidades no acceso a medicamentos. Ademáis defendemos a exccelencia científica con honestidades, a colaboración como motor de innovación e a responsabilidade de que a ciencia teña un impacto real nas persoas.

En canto ao modelo de traballo, combinamos presenza física co ecosistema sanitario e científico do IDIS, cunha flexibilidade que permite adaptar tarefas e dinámicas ao equipo cando é posible.

Apostamos polo talento, a igualdade e a diversidade, e fomentamos o desenvolvemento persoal e profesional para permitir que cada persoa traballadora poda dar cumplimento ás súas aspiracións vitais.


7.   Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]

[DVERSA]: Unha das persoas que tiven a fortuna de coñecer e ademáis forma parte de DIVERSA como bussiness angel, é Antonio Parente, empresario catalán de orixe galega que co seu esforzo e saber facer construiu empresas consolidadas con impacto internacional. Para nós, o seu asesoramento e a súa maneira de entender a industria teñen un valor incalculable.



8.    A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]

[DIVERSA]: Penso que ao ecosistema emprendedor galego aínda lle falta masa crítica. Existen proxectos moi bos, pero faltan perfís profesionais clave, especializados en desenvolvemento de negocio, regulación, escalado industrial, transferencia tecnolóxica ou internacionalización, sen os que moitas start-ups non poden medrar nin ser sostibles a longo prazo. Esa falta de talento especializado obríganos moitas veces a ter que buscar fóra.

Ademais, sería desexable maior conexión entre universidade, hospitais, empresas e investimento, para acelerar a transferencia de coñecemento e reducir o camiño que vai da investigación ao mercado.


Agradecémoslle moito a Maria que compartir connosco a historia de DIVERSA. Seguimos dando pasos para dar voz a historias reais do emprendemento feito aquí.


¿Tes un proxecto que paga a pena contar? Escríbenos a info@startup.gal, estamos desexando coñecerte!

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal