Startups polo miúdo: Nort3D, fabricando materiais por capas dende Galicia

12 de septiembre de 2025

“Startups polo miúdo” é unha ventá próxima e curiosa ao talento galego, onde exploramos con calma proxectos tecnolóxicos feitos na casa. Facémolo con interese e coidado, poñendo o foco no mellor que ten o noso ecosistema: as persoas e a ilusión por construír algo propio.

Nesta ocasión falamos con Gonzalo Piñeiro, fundador de Nort3D, unha empresa con máis de dez anos de traxectoria fabricando materiais en 3D desde Galicia. Cóntanos como foi o seu camiño e como seguen innovando desde aquí para o mundo.

1.     E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[Nort3D]: Somos Nort3D, unha empresa especializada en solucións de fabricación aditiva e tecnoloxías 3D.


2.     E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]

[Nort3D]: A nosa historia comeza en 2014, cando tres xóvenes técnicos de distintas especialidades industriais fundaron Nort3D en Moaña coa intención de descubrir as posibilidades da fabricación aditiva a nivel industrial.

Co paso dos anos, a sociedade foi evolucionando, e hoxe contamos co groso do equipo fundador, aliados co grupo NM3D Ibérica, cun centro de servizos en Nigrán e oficinas comerciais en España e Portugal.


3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[Nort3D]: Detectamos que a fabricación aditiva podería ser o futuro da fabricación industrial para dar solución a procesos técnicos onde as alternativas non estaban optimizadas. Ademais, ante o crecemento esperado desta tecnoloxía, sempre buscamos cubrir o oco existente en capacitación técnica e servizos, proporcionando solucións adaptadas ás necesidades da industria.


4.     Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[Nort3D]: Estamos nun proceso de afianzamento en sectores estratéxicos como a automoción e o metalmecánico en España, diversificando cara a outros sectores de nicho onde ofrecemos servizos de alto valor, e desenvolvendo unha estratexia de crecemento en Portugal.

Paralelamente, estamos inmersos na ampliación das nosas oficinas, buscando incrementar a superficie productiva, mellorar as nosas instalacións técnicas e preparar un showroom para as marcas que representamos.


5.     Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]

[Nort3D]: O noso crecemento foi orgánico, apoiámonos na participación en aceleradoras galegas como a BFAuto e reinvestindo constantemente as ganancias xeradas polos servizos aos clientes. A entrada do grupo NM3D en 2019 supo mellorar os equipos e aprovechar a súa rede comercial.

Hoxe en día, contamos cunha facturación próxima aos 500k€, cun crecemento sostido de uns 30% anual.

6.   Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]

[Nort3D]: Os nosos valores son a innovación, a calidade e o compromiso co cliente. Traballamos cun modelo presencial debido ao noso traballo con maquinaria, pero fomentamos a flexibilidade responsable e a conciliación dos nosos traballadores.

A nosa forza radica tamén en contar cunha cantera de talento, colaborando na formación de centros formativos (Universidades e FP) e mantendo unha relación estreita con ese futuro profesional.



7.   Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]

[Nort3D]: Admiro a figura de Jose Antonio Román, que, actualmente embarcado en 4 Digital e BlueQuality, cruzouse no noso camiño grazas a BFAuto e segue sendo un referente e mentor co que intercambiar ideas de maneira amigable, aproveitando o seu amplo coñecemento.

En canto ás startups galegas, compartimos aceleradoras con moitas compañeiras, pero quero destacar dous casos de éxito: Helpflash, liderada por
Jorge Costas, e Efimob con Pedro Rodríguez.



8.    A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]

[Nort3D]: A parte inversora sempre resulta difícil de acadar, especialmente fronte á gran diferenza entre o ecosistema español e EEUU, que se presenta como a meca das startups.

Paralelamente, destaco a necesidade de procesos sinxelos para participar en financiamento público, xa que en moitas ocasións se precisan consumir demasiados recursos para xustificar pequenas partidas.

Por último, subliño a importancia da visibilidade; iniciativas como a vosa non só nos serven de altofalante, senón que tamén permiten intercambiar experiencias entre distintas startups.


Grazas, Gonzalo, por compartir connosco a túa visión!


Seguimos dando pasos para dar voz a historias reais do emprendemento feito aquí.
¿Tes un proxecto que paga a pena contar? Escríbenos a info@startup.gal, estamos desexando coñecerte!

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal