Startups polo miúdo: Envita, facendo a vida máis doada para maiores mediante dixitalización da sua historia

25 de septiembre de 2025

“Startups polo miúdo” é unha mirada atenta e cercana ao talento galego, un espazo onde descubrimos con calma proxectos tecnolóxicos creados aquí, na casa. Faino con coidado e interese, resaltando o máis valioso do noso ecosistema: as persoas que poñen corazón e cabeza en construír algo seu.

Imos a falar de Envita ca sua CEO Noelia López. Envita promove o benestar das persoas maiores a través da dixitalización da sua vida. Imos aló!


1.     E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[Envita]: Envita combina tecnoloxía, evidencia científica e ferramentas para coidadores, facendo da Historia de Vida o eixo central dun modelo de atención máis humano e personalizado para persoas maiores e quen convive con demencia.


2.     E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]

[Envita]: Envita naceu en Vigo, no programa ViaGalicia, onde seguimos tendo a nosa sede. Como fundadora e CEO, lidero un equipo maioritariamente feminino que combina perfís de xerontoloxía, innovación, tecnoloxía e marketing. Compartimos unha mesma paixón: dignificar a vida das persoas maiores.

Ademais, contamos cunha oficina en Madrid e ofrecemos os nosos servizos en toda España.



3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[Envita]: O noso punto de partida foi claro: as persoas que coidan (profesionais e familias) precisan coñecer mellor á persoa maior para coidala ben. Sen historia de vida, non hai vínculo nen coidado personalizado.

Envita resolve esta brecha creando unha plataforma SaaS que facilita recoller, organizar e ter en conta a biografía e o proxecto de vida das persoas maiores, reforzando os vínculos e a calidade asistencial.



4.     Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[Envita]: No curto prazo queremos expandir a nosa solución en toda España, chegando non só ás residencias senón tamén a centros de día, asociacións de maiores e entidades de coidadores, especialmente no ámbito do Alzheimer e outras demencia.

No medio prazo, o noso obxectivo é seguir innovando en IA aplicada ao coidado e dar a coñecer os resultados do noso ensaio clínico a través de publicacións científicas e congresos de referencia.



5.     Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]

[Envita]: En 2023 pechamos a nosa primeira rolda de investimento, que nos permitiu chegar ata aquí e acadar o punto de equilibrio en 2024. Agora estamos xa no proceso dunha nova rolda para acelerar a expansión comercial e impulsar os desenvolvementos tech.




6.   Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]

[Envita]: En Envita temos unha cultura moi vinculada á innovación con propósito. Apostamos por un entorno flexible, rigoroso e áxil, que combina momentos presenciais co traballo en remoto e facilita tanto a incorporación de talento como a conexión entre nós.

O feito de xuntar perfís tan diversos —xerontoloxía, innovación, tecnoloxía ou marketing— permítenos traballar desde miradas que se complementan e enriquecen. O noso ADN mestura humanismo, innovación e tecnoloxía: a esencia que fai de Envita un proxecto singular, profundamente humano e con visión de impacto social a gran escala.



7.   Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]

[Envita]: Admiro moito a Oriol Fuertes, fundador de Qida, pola súa visión para transformar os coidados no fogar e demostrar que se pode innovar cun impacto social real.

En Galicia destacaría Alice Biometrics, unha startup coa que coincidimos en VíaGalicia e que hoxe é referente internacional en verificación de identidade con tecnoloxía biométrica. Gústame porque amosa como dende Galicia se pode crear innovación punteira con vocación global.



8.    A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]

[Envita]: Creo que falta unha conexión máis real e constante entre o ecosistema emprendedor e o sector público-privado, sobre todo en proxectos con impacto social. En Galicia hai talento e innovación, pero precisamos máis espazos comúns de colaboración e vías que faciliten que as startups poidamos escalar solucións que melloran a vida das persoas.


Agradecémoslle moito a Noelia que compartir connosco a historia de Envita. Seguimos dando pasos para dar voz a historias reais do emprendemento feito aquí.


¿Tes un proxecto que paga a pena contar? Escríbenos a info@startup.gal, estamos desexando coñecerte!

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal