Startup Galicia e Galicia Constrúe impulsan a innovación na construción fomentando a colaboración coas startups galegas

9 de julio de 2026

Un ano máis, celebramos na Nave de Vidán a cuarta edición de Conecta Empresas, un encontro que reuniu 9 empresas galegas consolidadas do mundo da construcción e 11 startups, co obxectivo de impulsar a innovación aberta e contribuír á modernización do sector da construción mediante a colaboración entre compañías consolidadas e proxectos emerxentes.

Organizamos esta xornada en colaboración con Galicia Constrúe e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a iniciativa é unha aposta por reducir a distancia entre industria e emprendemento, creando un espazo de diálogo no que identificar oportunidades de colaboración e de negocio arredor dos principais retos que afronta o sector.

A apertura institucional contou coa participación de Carmen Pumariño, presidenta de Startup Galicia; Pablo Vázquez, xerente de Galicia Constrúe; e Rosa Méndez, directora da Área de Innovación do IGAPE, que destacaron a necesidade de fortalecer a colaboración entre empresas consolidadas e o ecosistema emprendedor como motor de innovación, competitividade e crecemento para Galicia.

Nesta edición rexistráronse como participantes empresas como Abeiro de Rehabilitación, Casas Arraigo, Civis Global, Construcciones Ramírez, Finsa, Grupo Rodiñas, Obras y Servicios Gómez Crespo, Porexgal e Prometal Tecnoloxía e Innovación que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as solucións desenvolvidas por startups como Cargoffer, Timetime, Zebra Brain, Dokken, Metlabs, Lupeon, Nigal, Birdmind, Muutech, Docuten e Noukee.

Ao longo da mañá, as empresas presentaron os seus proxectos e participaron nun formato dinámico que combinou presentacións breves, reunións rápidas individuais e espazos de networking, favorecendo o intercambio de coñecemento e a identificación de posibles sinerxías entre compañías de distintos tamaños e ámbitos de actividade.

A xornada puxo de manifesto a importancia de que as empresas consolidadas coñezan de primeira man o talento e a capacidade innovadora das startups e non busquen fóra solucións que se están a desenvolver en Galicia. Nun momento no que o sector da construción afronta importantes desafíos relacionados coa dixitalización, a industrialización dos procesos, a sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a incorporación de novas tecnoloxías, a colaboración co ecosistema emprendedor constitúe unha ferramenta estratéxica para acelerar a súa transformación e reforzar a competitividade das empresas galegas.

Como novidade desta edición, a xornada incluíu un Focus Group sobre a identificación de necesidades no sector da construción , moderado polo equipo de Designthinking.gal. Trátase dunha dinámica participativa desenvolvida coas empresas asistentes para identificar os principais retos, barreiras e oportunidades de innovación do sector.

As conclusións deste traballo permitirán avanzar na identificación de necesidades reais das empresas, das capacidades tecnolóxicas xa existentes e das posibles conexións entre sectores, co obxectivo de facilitar futuros procesos de colaboración e o desenvolvemento de solucións innovadoras adaptadas aos desafíos actuais da construción.

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal