Startups polo miudo: Sin comisiones

19 de diciembre de 2025

“Startups polo miúdo” é unha mirada atenta e cercana ao talento galego, un espazo onde descubrimos con calma proxectos tecnolóxicos creados aquí, na casa. Faino con coidado e interese, resaltando o máis valioso do noso ecosistema: as persoas que poñen corazón e cabeza en construír algo seu.

Imos a falar de Sin Comisiones con un dos fundadores Miguel Otero. Sin Comisiones é unha plataforma de comparacion de produtos financeiros e de consumo que axuda á toma de decisións. Imos aló!

1.     E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[Sin Comisiones]: SinComisiones é un comparador que che permite atopar os mellores prezos e ofertas de productos financieiros e gastos recurrentes.

2.     E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]

[Sin Comisiones]: Somos Gabi e Miguel. Coñecemonos dende o instituto. Decidimos facer SinComisiones, porque o noso Abanca, empezounos a cobrar comisións cando cumprimos 26 anos. Queriamos ofrecerlle a xente a información que nos tocou recopilar para aforrarnos os cartos que nos quería cobrar o noso banco.

3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[Sin Comisiones]:O problema máis dificil de resolver foi traballar sen saber nin como ni cando íamos a ter visibilidade. Nos apostamos todo ao SEO (a ter visiblidade no buscador de Google), e claro o SEO ten moitas ventaxas pero depende 100% do algoritmo de Google e de cando decida mostrarte.

4.     Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[Sin Comisiones]: O noso obxectivo agora e ser unha marca recoñecida. Que a xente visite directamente sincomisiones.org para atopar a información que precise sin atoparnos de casualidade en Google. É un obxetivo ambicioso porque hai moitos competidores con presupuestos mais alto en publicidade pero creemos que a medio longo prazo o podemos acadar. Estamos realizando diferentes accións como publicidade en redes sociais, temos dous canales de youtube ónde facemos videos explicativos sobre política e economía e tamen comparamos contas, temos contas en intagram e tiktok.. 

5.     Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]

[Sin Comisiones]: Temos bastante agora mesmo hehe. Nunca fixemos ronda de inversión, preferimos facer bootstraping, nunca nos sentimos cómodos coa idea de ter inversores. Preferimos ir ao noso ritmo e tivemos a sorte de ser rentables dende o primero ano e non precisamos ronda.

6.   Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]

[Sin Comisiones]:Nos teletraballamos ao 100% e somos moi flexibles co traballo. Iso permítemos captar moito talento que non quere a rixidez que normalmente exisen as empresas. Tamen e verdade que iso implica buscar perfiles que traballen de forma moi autónoma e con alto grao de independencia.

7.   Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]

[Sin Comisiones]: Nós admiramos moito a Manuel Docavo, que é un emprededor madrileño que coñecimos en Valencia. A súa startup U4Impact resolve problemas de empregabilidade que teñen a xente xoven ao rematar a universidade. É unha persoa con moito talento e con moitas ganas de cambiar o mundo.

Tamen admiramos moito a Sofía Rodriguez, de TheCosmetics con que tiven a sorte de compartir espazo de coworking. É unha persoa super comprometida co traballo, increiblmente talentosa e da que aprendín moito.

8.    A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]

[Sin Comisiones]:Eu creo que unha cousa que boto en falta e ter máis encontros para coñecernos entre nós. Para ter un ecosistema forte é preciso ter relacións e por iso e importante coñercernos!


Agradecémoslle moito a MIguel compartir connosco a historia de Sin Comisiones. Seguimos dando pasos para dar voz a historias reais do emprendemento feito aquí.


¿Tes un proxecto que paga a pena contar? Escríbenos a info@startup.gal, estamos desexando coñecerte!

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal