
as nasas de Startup Galicia traen a Esteban Vázquez, co-fundador e CTO de Alice Biometrics, spin-off de Gradiant.
O segundo xoves dos meses con R voltamos a botar as nasas. Así que en maRzo vémonos novamente este vindeiro xoves 12, ás 18h a ver que apañamos.
Nesta segunda edición contamos con Esteban Vázquez, alumni da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, co-fundador e CTO de Alice Biometrics, spin-off baseada en ciencia do centro tecnolóxico Gradiant que foi recentemente adquirida.
Poderás preguntar o que queiras a Esteban, que responderá ata onde poida da operación, pero que sobre todo ven a contarnos un pouco como foi a súa experiencia pasando de investigador senior de tecnoloxías biométricas nun centro tecnolóxico a liderar o desenvolvemento dunha scaleup que conseguiu vender tecnoloxía de identificación a a algún dos bancos máis grandes do mundo.
Pero as nasas é moito máis. É a oportunidade de xuntar cada pouco a todo o ecosistema emprendedor do sur de Galicia. De invitar á comunidade universitaria de sumarse. E de tomar unhas Mirindas todos xuntos. Para conectar e inspirar.
Deixaste atrapar? Segunda largada:
🗓 Data: 12 de marzo (descarga o arquivo ICS para gardar no teu calendario)
⏰ Hora: 18:00 - 20:00 aprox.
📍 Lugar: Edificio Redeiras (Vigo)
Quen non bota as nasas… non colle marisco


