
Ask Me Anything con Álex Recouso: aprendizaxes reais sobre vendas complexas, negocio global e decisións estratéxicas
Voltamos con un AMA (Ask Me Anything), unha sesión aberta e participativa na que a persoa convidada comparte a súa experiencia… e o público pode preguntar o que queira. Sen filtros, sen guións ríxidos e con foco en conversacións reais. Logo haberá oco para facer networking.
E lembra: é un AMA, así que ti tamén podes preguntar, comentar e sacarlle todo o zume á sesión 🍋
📅 8 de abril, 13:30 horas (descarga o evento no teu calendario)
👉 Álex Recouso, cofundador e CEO de CitizenX
📍 Oficinas SNGULAR Coruña
Comezaremos cunha breve introdución e, a partir de aí, abriremos unha conversa directa con Álex Recouso, onde poderás lanzar preguntas, compartir inquietudes e aprender desde a experiencia real.
Nesta ocasión contaremos con Álex Recouso, emprendedor con experiencia en proxectos internacionais e en modelos de negocio pouco convencionais. Compartirá aprendizaxes reais sobre como vender produtos de alto valor, operar en mercados globais e tomar decisións estratéxicas en contornas complexas.
Unha oportunidade para escoitar a alguén que coñece de primeira man como se constrúe negocio a escala global.
Este encontro celébrase tamén grazas ao apoio de SNGULAR e do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).


