Startups polo miúdo: Zebra Brain, un segundo cerebro con IA para a tua organización

8 de noviembre de 2025

“As compañías ás veces cústalles moito liderar equipos de investigadores e doutores en ámbitos STEM, xa que están adoitados a ser liderados dende o coñecemento experto.”


“Startups polo miúdo” é unha ventá curiosa e cercana ao talento galego, dende a que nos achegamos con interese a proxectos con ADN tecnolóxico feitos aquí. Facémolo con mimo e atención, destacando o mellor do noso ecosistema: as persoas e todo o que son quen de crear co seu traballo e paixón.

Nesta ocasión falamos con Rocío Vega, cofundadora de Zebra Brain, unha empresa que desenvolve un segundo cerebro con IA para mellorar procesos na tua organización. Imos aló!

1.     E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[Zebra Brain]: Somos o teu segundo cerebro: unha boutique que integra axentes de IA nas organizacións.

Facémolo de tres maneiras:

  1. Con axentes propios, como Lira, que avalía o desempeño dos empregados a través de competencias e obxectivos, ofrecendo aos directivos información clara para tomar decisións estratéxicas.

  2. Con Form4 analizamos persoas, negocio, procesos e madurez dixital para deseñar a organización obxectivo: aquela que permite acadar os obxectivos corporativos. Acompañamos na execución de todas as accións necesarias para chegar a ela, dende integrar axentes de IA en calquera área do negocio, ata desenvolver diagnósticos de talento, procesos de avaliación de desempeño ou plans de sucesión.

    En definitiva, facemos o que faga falta para que a organización chegue ao seu destino con impacto positivo e medible na conta de resultados.

  3. Con Punto+, o noso servizo premium que achega un equipo de doutores en matemáticas e física para resolver problemas de negocio complexos, xusto cando as solucións habituais xa non funcionan ou deixan de ser viables economicamente.




2.     E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]

[Zebra Brain]: Zebra Brain nace da unión de dúas traxectorias complementarias que se cruzaron en   contornas industriais esixentes.

O equipo fundador está formado por Rocío Vega Martínez, asturiana de nacemento e galega de corazón, afincada en Galicia, matemática e doutora en Enxeñaría Matemática, con experiencia internacional en investigación e en proxectos industriais de intelixencia artificial, máis por Alba Budiño Gómez-Naveira, galega, licenciada en Filosofía e graduada en Dereito, cun máster en Dereito de Empresa e un Executive en Recursos Humanos, e unha ampla experiencia na xestión de talento e na transformación organizativa xunto a alta dirección.

Estamos situadas en Galicia, dende onde desenvolvemos proxectos con alcance nacional e internacional, dende o local ata o global.



3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[Zebra Brain]: O primeiro reto que identificamos foi evidente: as avaliacións de desempeño nas organizacións non estaban a ser útiles. Eran procesos pesados, cheos de sesgos e pouco valiosos tanto para a dirección como para os equipos. De aí naceu Lira, o noso axente de IA, que elimina burocracia e sesgos para ofrecer información continua e obxectiva sobre desempeño.

Agora ben, sabemos que poñer un axente de IA na mesa non é suficiente. E tamén coñecemos outra realidade: ás compañías ás veces cústalles moito liderar equipos de investigadores e doutores en ámbitos STEM, xa que están adoitados a ser liderados dende o coñecemento experto. 

Ademais, as organizacións necesitan acompañamento para que estas tecnoloxías funcionen de verdade, sexan rendibles, capaces de dar respostas innovadoras a retos complexos de negocio, e se integren no día a día sen friccións. Por iso desenvolvemos Form4 e Punto+.

En resumo: axudamos ás empresas a facer da IA e da ciencia aplicada un recurso real, rendible e diferencial, integrando axentes, persoas e coñecemento de forma práctica e sen friccións.



4.     Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[Zebra Brain]: Os nosos próximos pasos pasan por consolidar Zebra Brain no mercado nacional e abrir portas a nivel internacional, sempre mantendo o noso modelo boutique.

Queremos que Lira chegue ao mercado comercial no primeiro semestre de 2026, seguir impulsando transformacións organizativas con Form4 e reforzar o noso servizo Punto+ para apoiar ás empresas na resolución de retos complexos de negocio.

En resumo, trátase de crecer con paso firme, pero sen perder a esencia: facer da IA e da ciencia aplicada un recurso útil, rendible e diferencial para as organizacións.



5.     Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]

[Zebra Brain]: Chega para o café… e para transformar unhas cantas empresas.

6.   Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]

[Zebra Brain]: En Zebra Brain guiámonos por tres principios: sinxeleza, innovación e persoas. A nosa idea de sinxeleza vén de traducir con método o complexo en decisións claras. A innovación é a aplicación práctica da ciencia e do coñecemento ás organizacións, creando ferramentas e solucións cando hai unha necesidade real. E as persoas están sempre no centro, porque sabemos que detrás de cada modelo ou proceso hai persoas.

Vivimos nunha cultura de aprendizaxe constante, convencidas de que cando asumimos un proxecto é para ir a éxito. Traballamos cun modelo flexible e remoto, apoiado en encontros presenciais cando é necesario. E sempre cun obxectivo claro: que o que facemos teña un impacto positivo e medible nas empresas coas que traballamos.

En definitiva, así pensamos mellor e así axudamos ás empresas a facelo tamén: sendo o seu segundo cerebro.



7.   Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]

[Zebra Brain]: Pilar Vila, de Forensic, pola súa integridade e rigor.



8.    A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]

[Zebra Brain]: Apertura por parte das empresas con capacidade de traccionar, para incorporar o potencial das startups nas súas fases iniciais, e de investidores dispostos a asumir riscos en grandes roldas que permitan escalar.



Mil grazas a Rocío por facer visible o seu proxecto.

Seguimos abrindo espazo para dar a coñecer historias reais de emprendemento feito en Galicia. Tes algo entre mans e queres contárnolo? Escríbenos a info@startup.gal — estamos desexando escoitarte.

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal