Celebramos a terceira edición de as nosas, o encontro das mulleres que moven Galicia
17 de febrero de 2026

Xa está aquí un ano máis as nosas, o evento das mulleres que moven Galicia! O día 6 de marzo celebraremos na Fundación RIA, en Santiago, a terceira edición deste encontro, consolidando un espazo inspirador e de networking do talento feminino necesario para impulsar as próximas xeracións de emprendedoras e empresarias galegas.
Carmen Lence, Maite Marzán, Cristina Varela, Laura Rodríguez, Beatriz Legerén o Sabela Gippini son as mulleres que xa nos contaron a súa historia nas anteriores edicións, e neste 2026 contaremos con referentes como Zaza Ceballos, director e produtora de Zenit TV, Yanina Hallak, CEO de UARX Space ou María José Cousillas, directora de Kusila. No espazo adicado a emprendedoras escoitaremos a Noemí Rodríguez, CEO e cofundadora de Himikode ou Bibiana Rodino, fundadora e CEO de Beta Implants.
Elas son as que fan país, as que tiran do carro, as que abren as portas… son presente e son futuro! Participa e tece con nós un espazo imprescindible para o impulso do liderazgo feminino en Galicia. Celebramos as nosas nun formato máis persoal, cun aforo limitado, para xerar un ambiente cercano e fomentar o networking.
Dende Startup Galicia, coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e de Abanca Innova, temos moi claro que unha das nosas minisóns máis importantes é visibilizar o talento feminino innovador, xerar referentes e contribuír á construción dun ecosistema máis diverso, inclusivo e representativo do talento real existente en Galicia. Unha misión na que ti es imprescindible!
Entón, temos unha pregunta que facerche: contamos contigo?
Reserva a túa praza! Toma nota!
Cando?: Venres, 6 de marzo de 2026. De 15 a 18 horas (descarga o evento para o teu calendario)
Onde?: Fundación CASA RIA, Santiago de Compostela

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia


