AMA con DATALIFE: aprende a levar a dixitalización ó teu negocio tradicional
6 de mayo de 2025
Se estás emprendendo no mundo da saúde, o agro, o medio ambiente ou a industria alimentaria… este evento é para ti!
DATAlife é o hub galego de innovación dixital que busca levar a transformación dixital a sectores estratéxicos de Galicia. Dende a intelixencia artificial ata a robótica, pasando pola análise de datos ou a automatización de procesos: ofrecen servizos gratuítos ás startups para que poidan innovar sen tolear cos orzamentos.
Falaremos de 🔥
Como poden as startups acceder aos servizos do European Digital Innovation Hub (EDI)
Que tipo de proxectos están apoiando: desde agricultura intelixente ata trazabilidade alimentaria ou sustentabilidade ambiental
Un caso real de éxito moi noso: a experiencia da startup galega Teimas, que leva anos innovando na xestión de residuos con tecnoloxía e visión de futuro
Contamos con dúas voces expertas para guiarnos neste mundo:
🔹 Raffaele Bini, Consultor de proxectos de Innovación en DATAlife
🔹 Lucía Castro, xerente do hub e unha referente do ecosistema galego da innovación
E lembra: é un AMA (Ask Me Anything), así que ti tamén podes preguntar, comentar e sacarlle todo o zume á sesión 🍋
Por suposto, haberá espazo ao rematar para facer networking entre ponentes e asistentes.