Startups polo miúdo: Makergal, empurrando a impresión 3D galega dende 2013
30 de abril de 2025

Startups polo miúdo" quere ser esa fiestra pequena pero curiosa dende a que botar unha ollada a proxectos galegos con base tecnolóxica. Facémolo con agarimo, centrando a mirada no que de verdade importa neste ecosistema: as persoas e o que están a crear.
Desta vez imos falar con Álvaro Rey de Makergal. Agora as impresións 3D non nos parecen cousa doutro mundo pero en 2013 era unha novidade en Galicia. Makergal foi pioneiro nese ámbito e Álvaro vainos contar máis do seu proxecto.
1. E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]
[Makergal]: Makergal é unha empresa de deseño e fabricación de impresoras 3D baixo demanda, inda que tamén facemos mais cousas como impresión baixo demanda, venta de consumibles, etc
2. E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]
[Makergal]: Pois eu son Alvaro o autónomo detrás de Makergal, unha pequena empresa que xurde en Padrón no ano 2013, despois de rematar os meus estudos de deseño industrial decidín seguir o camiño dos meus pais e avos antes ca min que xa tiveron as suas empresas tamén.
Son básicamente carne de emprendedor jeje.
3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]
[Makergal]: Realmente no ano 2013 todo estaba moi verde no que impresión 3D se refire, eu so intentababa facerme un oco, construindo e deseñando máquinas feitas por min mesmo, cando en aquel momento empezaban a aparecer os kits de impresoras que podias montar ti mesmo.
4. Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]
[Makergal]: Pois co paso dos anos fun mudando cara máquinas mais grandes, actualmente estamos enfocados hacia o sector industrial, fabricando máquinas de gran volumen de impresión, con capacidades de ata 2 metros cúbicos, quen sabe onde está o límite.
5. Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]
[Makergal]: Ata o de agora non pedin financianción externa, realmente vou crecendo ano a ano. Facturando agora mesmo cerca dos 200000 euros anuales.
6. Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]
[Makergal]: O traballo ben feito e ben coidado, Os meus equipos non os mais baratos, pero sin duda gústame coidar todos os detalles para que se aprecie que os cartos están ben invertidos nos nosos equipos.
7. Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]
[Makergal]: Pois se tivera que decir un diría a Luis e Adrián de Lupeon, coñezoos dende fai mais de 10 anos e sempre teñen un consello para dar.
8. A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]
[Makergal]: Creo que xa non so a nivel galego, senón incluso a nivel estatal non se pon en valor o esforzo que conlleva emprender, sobre todo cando un está empezando por parte da administración.
Grazas enormes a Iago por achegarnos o seu proxecto, unha iniciativa empresarial que dá gusto coñecer. Nesta sección seguiremos dando voz a historias reais de emprendemento feito en Galicia.
¿Tes un proxecto e che gustaría que o contáramos? Escríbenos a info@startup.gal e falamos.

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia