Desde a Rede Eusumo lanzamos a 4.ª edición do curso ‘O coaching como oportunidade para emprender’ como parte da nosa aposta pola formación no eido da economía social.
Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 14 e o 28 de novembro de 2023 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.
O obxectivo desta formación é sacar o maior partido dos recursos existentes e analizar a idea de negocio desde diferentes perspectivas para conseguir as metas e os obxectivos propostos.
Trátase dun curso gratuíto dirixido a persoas interesadas en emprender e que precisan dunhas directrices para facer da incerteza unha oportunidade e poder así desenvolver a súa idea de negocio no ámbito da economía social.
O programa formativo ten a seguinte estrutura:
MÓDULO 1. O coaching como ferramenta para emprender na economía social
MÓDULO 2. A persoa emprendedora
MÓDULO 3. A importancia das emocións e a comunicación para traballar en equipo
MÓDULO 4. Como alcanzar os teus obxectivos
As inscricións estarán abertas ata o 13 de novembro de 2023 e faranse seguindo estes pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal
Detalles
Data:
11/14/2023
Hora:
9:00 am
-
8:00 pm
Categoría do Evento:
Heading
Suscríbete as novidades de Startup Galicia
Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.

Novas recentes en Startup Galicia
¿Queres saber o que está a pasar?