E ti, coñeces a fórmula?

Apúntate

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" no marco da Rede Eusumo.

Obxectivos:

Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.
Programa e contidos:

Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
A cooperativa dentro da economía social.
Os principios e valores cooperativos.
Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.
Emprende en cooperativa: apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo.
Persoas destinatarias:

Persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo.

Lugar: Casa da Cultura de Ordes (A Coruña)

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop

Comparte este artigo

Detalles

Data:

3/7/2024

Hora:

9:30 am

-

12:30 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

https://www.eusumo.gal/e-ti-coneces-formula-charla

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.

Novas recentes en Startup Galicia

¿Queres saber o que está a pasar?