Son as que fan país,

as que abren portas,

as que tiran do carro

son as nosas.

6 de MARZO
15:30 h

Fundación Casa RIA
Santiago de Compostela

Son as que fan país,

as que abren portas,

as que tiran do carro

son as nosas.

6 MARZO
15:30 PM

Fundación CASA RIA
Santiago de Compostela

PROGRAMA

Descobre
todo o que
vai acontecer

Descobre
todo o que
vai acontecer

Descobre
todo o que
vai acontecer

Aquí poderás coñecer todas as charlas, os momentos importantes do evento e telos á man para poder consultalos en calquera momento.

Aquí poderás coñecer todas as charlas, os momentos importantes do evento e telos á man para poder consultalos en calquera momento.

Aquí poderás coñecer todas as charlas, os momentos importantes do evento e telos á man para poder consultalos en calquera momento.

👋🏻

15:30 h - 16:00 h

Benvida

👩🏻‍💼

16:00 h - 17:30 h

Coñece as nosas referentes e emprendedoras

☕️

17:30 h - 18:00 h

Café e networking

As nosas referentes

Zaza Ceballos

Directora de Zenit TV

Produtora, guionista e directora de televisión e cine. Recoñecida coa Medalla Emilia Pardo Bazán, co Premio Cultura Galega na categoría de creación audiovisual, e a Medalla de Ouro de Galicia, conta cunha dilatada carreira no sector da televisión e a produción audiovisual.


Dende a produtora Zenit  traballa para dar pulo á ficción galega e divulgar a historia de referentes como Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega, Concepción Areal,  Rosalía de Castro ou Castelao. Pioneira en numerosos ámbitos, foi a primeira xefa de compras de produción allea e asociada da Televisión de Galicia apostando por grandes éxitos como «Bóla do Dragón» ou «Mr. Bean» sendo responsable das primeiras series de TVG como «Galego» ou «Mareas Vivas».

Yanina Hallak

CEO e cofundadora de UARX Space

UARX Space é unha empresa galega que ofrece transporte espacial, viaxes compartidas e servizos de lanzamento dedicados para pequenos satélites desde órbita terrestre baixa (LEO), á Lúa e máis aló.

Yanina Hallak é doutora en Enxeñería Aeroespacial pola Universidade de Vigo e obtivo dous másters en Ciencias: un en Enxeñería Aeronáutica pola Universidade Tecnolóxica Nacional e outro en Enxeñería Aeroespacial pola Universidade Politécnica Estatal de California.

É unha enxeñeira aeroespacial estrutural e térmica con ampla experiencia nos sectores aeroespacial, de aviación e automotriz, entre outros, experta en CubeSats e pequenos satélites. Graduouse en Calpoly, a mundialmente coñecida coma "o berce dos CubeSats".

María José Cousillas

Directora e Managing Director KUSILAS

Xogadora de baloncesto desde os 9 anos, unha vez terminada a sua carreira como xogadora adestrou ininterrompidamente desde 1986 ata o 2010.

En 1989, para ter máis facilidade para adestrar fíxose autónoma, dándose de alta no colexio de axentes comerciais no sector téxtil.

Coa expansión de Inditex decidiu crecer, contratando a dúas persoas moi importantes para o seu desenvolvemento como empresaria: Ana, amiga desde a adolescencia e Julio, o seu irmán pequeno. Representaron neses 37 anos a máis de 100 empresas de todo o mundo, facendo negocios en varios idiomas.

Optimista, tenad, apaixonada pola vida e afortunada.

As nosas emprendedoras

Bibiana Rodiño

Fundadora e CEO de BETA Implants

Enxeñeira industrial con especialización en Enxeñería Mecánica pola Universidade de Vigo.

En 2010 puxo en marcha BETA Implants (Biomedical Engineering & Technical Assistance), proxecto de base tecnolóxica dedicado ao deseño, desenvolvemento e fabricación de implantes e material cirúrxico a medida para traumatoloxía, ortopedia e neurociruxía veterinaria.

Desde os seus inicios, combinou a actividade emprendedora coa traxectoria como enxeñeira no ámbito da innovación.

Cristina Gamallo

Cofundadora de SITUM

Enxeñeira Informática pola Universidade da Coruña (UDC) e Doutora en Tecnoloxías da Información pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con especialización en Visión Artificial e Robótica. É cofundadora de Situm Technologies, spin-off nada do CITIUS, dedicada á localización en interiores de alta precisión, cuxa tecnoloxía está despregada en miles de edificios en todo o mundo.


Ao longo da súa traxectoria liderou áreas de xestión, innovación, calidade e experiencia de cliente, e actualmente desempeña o cargo de Product & Solutions Specialist — Founder dentro da área de Presales, onde contribúe á definición de solucións e ao acompañamento técnico-comercial de proxectos internacionais. Participou en numerosos programas de emprendemento e recibiu diversos recoñecementos a nivel nacional.


Ademais, colabora como relatora e mentora en iniciativas de innovación, emprendemento e fomento do talento tecnolóxico, participando en eventos, programas académicos e accións de divulgación STEM.

Noelia López

CEO e cofundadora de Envita

CEO e cofundadora de Envita, empresa de innovación social que impulsa unha nova forma de abordar o envellecemento ca incorporación da historia de vida á práctica clínica, terapéutica e social.

O seu traballo combina tecnoloxía e evidencia científica para promover un acompañamento máis humano e personalizado ás persoas maiores, especialmente en momentos nos que necesitan coidados ou conviven con Alzheimer.

Actualmente colabora co Grupo de Investigación de Neurociencia Cognitiva Aplicada á Psicoxerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e co Máster en Xerontoloxía e Atención Centrada na Persoa da Universidade Internacional de Valencia, promovendo unha visión humanista do coidado apoiada pola evidencia científica.

Queres saber algunha cousa máis?

Queres saber algunha cousa máis?