Mulleres socias e directivas nas cooperativas agroalimentarias galegas

Apúntate

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza os encontros "Mulleres socias e directivas nas cooperativas agroalimentarias galegas" no marco da Rede Eusumo.

Lugar: O Xeixo S. Coop. Galega (A Regueira - A Pastoriza, Lugo)

Obxectivos:

  • Visibilizar á muller empresaria, directiva, profesional e traballadora en todos os ámbitos económicos e sociais do movemento asociativo agrario e do mundo rural no seu conxunto.
  • Promover e mellorar a participación das mulleres do medio rural, en particular mediante o aumento do emprendemento feminino.
  • Promover a participación efectiva e a representación das mulleres nos órganos de decisión de empresas e organizacións do medio rural, identificando as barreiras socioculturais que impiden dita participación, así como as estratexias para combatelas.
  • Aumentar a participación e representación das mulleres nos postos de responsabilidade e decisión económica, social e política no medio rural.

Persoas destinatarias:

  • Mulleres socias e directivas de cooperativas agroalimentarias de Galicia

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Comparte este artigo

Detalles

Data:

3/20/2024

Hora:

10:30 am

-

1:30 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

https://www.eusumo.gal/mulleres-socias-directivas-cooperativas-agroalimentarias-galegas

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.

Novas recentes en Startup Galicia

¿Queres saber o que está a pasar?